O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, dezembro 14, 2015

O APALADOR ASALTA A FARXARDA , A FOLGUEIRA E O TOXOVERDE DE CÁDIZ!!!


















Espectacular nova edicion do mítico Aberto do Galo e espectacular irrupcion do Apalpador no campo da Faxarde de Ribadeo unha vez máis para facer entrega a Coedo  do Billardeiros Musicais dun maxistral exemplar de galo autóctono galego chegado dende as terras de Mondoñedo que o acredita como campión absoluto diste multitudinario Aberto


















Unha tarde de luxo na que bañados polo sol de inverno a sepre multicor da NorLeste invadíu o campo de herba da faxarda para combater cos paláns e cun galo nunha caixa os parámetros do consumismo salvaxe  diste Nadal que se nos bota enriba...















Unha actitude belixerante parante os pilares distas festas que se compartiron tamén con cada varado na pista da Folguera en Culleredo na Conf. Noroeste e no ToxoVerde de Cádiz donde as bruaban tamén ó carón da Faxarda



















E como aconteceu dende o primeiro Aberto da tempada na Norleste na Cadeira  , a firme aposta da LNB por unha autoxestión tamén no fronte taberneiro desembocou na Herriko-Taberna a pé de pista que despois de varios abertos e ducias de grolos acadou a identidade propia baixo o explosivo nome identificativo de LNBar



















E sobre o campo da Faxerda estaba Nacho , o gran palanador de Ex-Tension Billarda foi o creador do espectacular logo do LNBar , donde celebrou por todo o alto xunto a Alvariño , Borxa dos MadiaLeva que retornaba tamén ás pistas de xogo despois de sufrir o lamentábel episodio de acoso policial pola súa militancia galega, e todo o resto da tribo da NorLeste o exitazo de combocatoria diste derradeiro aberto puntuábel do ano..



















E se Coedo dos Billardeiros Musicais levou o galo , outra franquicia mítica pero da NorOeste , Os fillosas de sangue , catapultou a un dos seus palanadores , Gándara , coma campión absoluto do puntuábel de Culleredo....Apalpador Sempre, Adiante co Varal!!