O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 04, 2015

ISTA FIND. .... BIYARDA EN BUAL , O BIERZO E SANXENXO!!




















A Auténtica deixou semente de victoria en Asturies e iste sábado volve sobre os seus pasos para compartir espectacular espazo en terreo aínda virxe cos irmáns da tribo liriu , aparetires das 12 h. as avellas de Bual terán unha brutal disculpa para afiar os aguillóns e facer unha mel delicatessen conmemorando o I Torneo Villa de Bual de Biyarda.











Un Aberto de Biyarda enmarcado nunha explosiva xornada de festa e loita celebrando o outono eonaviego, actividades varias durante todo o día que terás que facer coma o chiste do moucho , falar non pero fixerse moito .. porque o colofón final sobre o esceario é de moitos kilates.

















Cunha pasada fin de semana na que a Auténtica voltou emocionar e emocionarse en Asturies paralelamente ó ruxir das billarda no mítico espazo da Sardiñeira donde a tribo NorOeste celebrou unha nova enganchada puntuábel e que deu o pistoletazo de saída á referencial conf. Andaluza nun maxestuoso ToxoVerde de Cádiz vestido de gala para ocasión . Pois toda isa forza é a que se transmite de palán en palán e billarda en billarda ó nosos irmáns de BillardaBierzo que iste sábado nas Dehesas de Ponferrada apadriñado polo referncial TíoMigui celebrarán un novo Aberto de consecuencias impredecíbeis....


porque impredecíbel tamén será a mistura de laranxas e billarda que iste sábado a tribo das RíasBaixas conxugarán iste sábado en Vilalonga , Sanjejo ( según a pronuncia do impresentábel pai de juanito )....e ollo cos varados e co se como durante o aberto porque xa se sabe que a laranxa polo mañá ouro , pola tarde prata e pola noite mata...Billarda Sempre , Adiante co varal!!