O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 18, 2015

EN MOSCOSO E REMOURELLE...CALVETE SEMPRE , ADIANTE CO VARAL!!























Espectacular cartaz para espallar na rede o anucion do Aberto de Billarda de Mosoco que iste sábado tinxirá de vermello , branco e azul o Campo da Lameira . Sende puntuais rogan os activistas da Conf. RíasBaixas para que apartires das 16:30 h as billardas comecen a bruar nista segunda enganchada puntuábel  , insitimos , que gran cartaz e que ben ía quedar coma portada do libro que artella a LNB coa disculpa do décimo anivesario...


















Un libro que dende logo terá un apartado especial para figuras tan transcendentais e icónicas coma Calvete. O gran palanador dos míticos Petapouco estará de novo iste domingo presidindo a pista de Remourelle na nova edicion do Memorial que leva o seu nome. Antes a tribo da Norleste collerá forzas na taberna de Lola no xantar de irmandade entorno ó año mouro gañado polos Billardeiros Musicias no pasado Interparroquial . Nen un paso atrás nen na moto nen co palán, Calcete Sempre , Adiante co Varal!!