O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 07, 2015

VALPAÇOS , TRIVES , BUEU E OS ANCARES ...OS CATRO PES DO GATO DO CHISTE DE FLORES!!















NON ESQUENZAS A TOALLA NEN O PALÁN CANDO VAIAS PARA A PRAIA ....ISA FOI UNHA DAS CONSIGNAS SOTERRADAS QUE CEIVOU O NOSO SELECCIONADOR NACIONAL CANDO AS CÁMARAS DA TELEVISION GALEGA O CAZARON POR SORPRESA NO SEU ESCONDITE DE VAGAR NAS PRAIAS DE BARREIROS , ISA E MÁIS A DE ABRIR SEMPRE OS OLLOS ANTE OS DESAFÍOS NO HORIZONTE  TANTO EN TEMPOS DE CANÍCULA COMA DE FRIAXE A QUE EMANA DO SEU XA MÍTICO CHISTE DOS GATOS..


















E nada mellor para meterse en faena que iste sábado acudir prestos e incluso sen deitarse ó campo da Barreira de Trives porque apartires das 11 h da mañá hai armada unha boa coa tribo emerxente da tan desexada Conferencia Auriense disposta a abrise paso a varados caia quen caia..

















Un sábado que promete emocións moi intensas tanto nos territorios de seu coma nos alén do Miño galegos de seu tambem , xa que apartires das 18 h . por hora natural galega e portuguesa celebrarase no estadio da Cruz de Valpaços o primeiro Aberto oficial LNB en territorio e franxa horaria lusa. Un gran paso ó fronte perpetrado polos activistas da Conf. RíasBaixas que escoitaron o tremer da terra veciña que pide bilharda a berros..






















E ó día seguinte , o domingo apartires das 5 da tarde moitos dos e das supervivintes de Valpaços estarán en Cela ( Bueu ) na desputa dunha nova enganchada de verán que tinxirá de marelo , as cores das xestas do coroceiro nacional , o serán do morrazo todo..


















UN domingo marcado a ferro na pel da serpe multicor da LNB co desputa dunha nova edicon do xa mítico Aberto do Urogalo nno campo de futbol do colexio de Cervantes . No marco das festas de San Román a semente prantada fai uns anos polos activistas indíxenas distas indomábeis terras dos Ancares fixo que o povo esixira billarda de novo despois duns anos de parón o foran a prpia institucion muncipal que collera as rendas e co asesoramento da LNB puxera en marcha a tan desexada V edicion do Aberto do Urogalo....Contra a extincion Pita Salvaxe e Billarda Sempre!! 

8 Comments:

Postar um comentário

<< Home