O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, agosto 14, 2015

ALMORZA CALOSTROS E #faitedaLNB!!

















Imaxes dun impacto brutal nos propianaron os exploasivos abertos celebrados a pasada find ó longo dos territorios da galaecia toda . Se ver a Sak , aborixe dos Ancares e mítico palanador dos Filloas de Sangue , recollendo o trofeo que o acredita coma gran campión do Aberto do Urogalo de Cervantes que el mesmo empurrou para nacer fai unha presada de anos e que despois dun parón de dúas edición retorna ó calendario LNB coa forzza dun xabarín ferido...



















  e dunha imaxe de altísimo calado indíxena a outra non menos alebrestrada , a que se producíu en Bueu durante a celebracion do gran Aberto de Chan na que puidemos ver ó mesmísimo Coroceiro Nacional  peito ó ar cazando unha billarda baixó o sol abrasador da pista de  Cela.

















e sen deixan de extremecernos , sincronizando os reloxos pola hora natural galega , é dicer. a oficial que rixe os destinos nas terras lusas , podemos ver a espectacular e histórica foto de familia realizada no lusco e fusco despois da celebracion do Aberto de Valpaços, a primeira gran accion LNB en terras portuguesas de consecuencias impredecíbeis...















Coa serpe multicor en marcha comezando a ultimar os calendarios regulares das diferentes conferencias , no horizonte aparecen cousas tan potentes coma a imaxe do popularmente coñecido coma o Piraña da LNB , o rapaz de 11 anos que arrasou con todo e se fixo co título de campión absoluto no aberto de Trives , se queres ser coma el ... almorza calostros e #faitedaLNB!!

4 Comments:

Postar um comentário

<< Home