O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 17, 2015

A AUGA DA BILLA CONTAMINA A "MAREA DE FERROL" E ABRE OS CAMIÑOS EN SAN XENXO E MARÍN!!


















Contradiccions macabras coma a que Hitler era vexetariano cantaban os Nación Reixa no seu mítico tema Anesteria xunto ao vocalista do grupo euskaldum do mesmo nome ca o título da cancion que ista find. estarán Viveiro formando parte do espectacular cartel do ResurrectionFest no marco da súa xira de regreso aos  escearios...e contradiccion macabra tamén que un dos alcaldes das chamadas "Mareas" se atope coa auga como primeiro gran problema da súa recén iniciada andaina . Os irmáns da Conferencia Bezouqueira tamén chamada Conferencia Billa , teñen que ter moito coidado coa auga precisamente da billa porque Ferrol e os concellos limítrofes están en alerta vermella por mor dunha contaminacion da auga da traída...



















Auga da cisterna tamén é da traida cantaban os Resentidos nises lonxanos tempos nos que Reixa era un ser respetábel , unha figura que se difunou coma a auga entre as dedas despois de editar " Látego de Algas " , un dilema , o da auga na billarda que se resolve sen maior problema dende o inicio dos tempos nas pistas da LNB desterrando ise líquido insípido e incoloro do consumo humán e animal substituíndoo pola cervexa , viño , vermut ou calquer outro combinado que acenda o sioux que levamos dentro. Non hai mellor mostra do desterro da auga para o perfecto funcionamento da serper multicor da LNB ca o de recordar que a irrupción da LNB en terras do Salnés , donde iste sábado se celebra un novo Aberto da xeira de verán , foi motivado pola necesidade dos palanadores e palanadoras do norte de descubrir as esencias agochadas nises paraisos do branco e do tinto chamados furanchos. A cita a partires das 18 h. no campo de futbol do Cruceiro en Dorron " San Xenxo " .




















e para culminar a gran Marea Billardeira dista find. nada mellor ca sumerxirse no parque Eguren de Marin donde os referenciais activistas de Gharaboto organizan un novo Aberto con motivo das festas do Carmo , a festa dos mariñeiros , que como é sabido , pasan a vida na auga pero coma o ser palanador fuxen dela canto poden ...Billarda a Chuzos Sempre , Adiante co Varal!!