O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 10, 2015

COLLE O PALÁN E ÚNETE Á GRAN XEIRA DE VERÁN ....ISTA FIND: ERRENTERÍA ( EH ) , PIARNU ( AS ) , VILASELÁN E SAN XUSTO!!
















O Aberto da Filloa en Muimenta lanzou as billardas de toda a tribo á gran Mará dos Abertos de verán , unha brutal arañeira que se tece por todos os recunchos do país e do estranxeiro rego a rego e varado a varado...


















Iste sábado pola beira Cantábrica Asturies e EuskalHerria acollerán dous explosivoss abertos que en ambos casos condimentarán a súa boráxime con activistas LNB que estarán tantoen Piarnu coma en Errentería compartindo e apoiando a festa e a loita do Liriu e da Txirikila pola súa definitva supervivencia e expansion.

-sábado




















11:30 h . Aberto do Pitu Caleya ( Piarnu - Asturies ) / contacto: 644.294287

18 h. Aberto Billarda-Txirikila nas festas de Gaztaño ( barrio de Errenteria - Euskal Herria )  / contacto: 627.780891


















E no lusco e fusco no marco das festas da poderosa parroquia ribadense de Vilaselán , unha vez máis celebrarase iste imprescindíbel Aberto do Pemento sobre herba do xa mítica campo de Javito, o mítico palanador dos Bulls , impulsor diste xa clásico estourido billardeiro que dá a saida á gran xeira de verán no univeso billardeiro da mariña luguesa. Contacto: 609.248416

- E para quen o domingo queira seguir xunguido ó palán : ás 16 h. Xuntanza billardeira para inciacion no deporte da billarda ós nen@s do Ceip San Miguel de Barreiros no campo da festa de San Xusto . / contacto: 607.630364