O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 11, 2015

O COELLO E TRIBO_LNB!!
















Remourelle , unha vez máis convertido en gran  pista de despegue do avión de combade da conf. Norleste cunha tripulacion composta de kamikaces billardeiros que co coello de Suso coma piloto aterrarán en compostela iste vindeiro 31 de maio para a desputa dos Play Off Nacionais...
















porque todas as olladas tanto dende Remourelle coma dende Meis donde se desputaba tamén un definitorio Aberto da Conf. Rías Baixas se tornaban cara un varal situado nun punto na cidade galega..

















e todo iste coctel molotov de emocións compartidas e billarda a ceo aberto foi condimentado maxistralmente por unha improvisada intervencion sonora dos Ex-Tension Agraria experimentendo co formato desenchufado co que veñen de impresionar ao público pontevedrés na súa recente actuacion no recinto univertisario..
















Markitos dos Billardeiros Musicais levou o coello de Suso , un clásico gañados diste aberto que se víu apreixado polo empurre dos Chaireos Nacho de ExTension Billarda e Pepe Vidal do Cadaval...Coello Sempre, Adiante co Varal!!