O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, maio 08, 2015

ARRINCANDO OS CHANTOS OLLANDO CARA O PLAY OFF NACIONAL EN REMOURELLE E MEIS!!


















Coa dor inmensa en cada un dos nosos paláns , a serpe multicor da LNB volta ó campo de batalla para afrontar unha nova find. de abismos e varados sabendo que o compañeiro e irmán Chupi estará para sempre canda nós ollándonos e vixiándo ca un dos nosos golpexos dende o máis alto do podium que a história reserva só para os máis grandes. Iste sábado a Conf. Mae afronta o seu final de tempada regular e faino como é mester niste máxico e bravo lugar chamado Remourelle....


















A desputa do xa mítico Aberto do Coello de Suso pechará as cancelas dunha gran tempada regular e arrincará os chantos da conferencia norleste para asaltar a coroza no Play Off Nacional. Apartires das 14 h. xantar de irmandade para a continuacion dirixirse á pista de xogo e como remate entrega de premios e torrezmada_LNB con foliada billardeira cun folión sonoro atizado polos Billardeiros Musicais e polo anti-coro LNB dirixido por Chousa , a gorxa dos Amigos do Caldeiro , incendiou cada unha das cuncas na brutal xira de Furanchos no Xerro do Salnés e chage a Remourelle disposto e repetir fazaña ...

















E donde o lume billardeiro e o recordo a flor de pel do gran palanador dos Paquete Pincha correrá a regos en cada varado será iste sábado tamén no Campo da Boca en Meis donde a Conf. RíasBaixas desputará unha nova enganchada regular cos ollos postos na Coroza que agarda en Compostela no Play Off Nacional 2015....Chupi Sempre, Adiante co Varal!!