O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 30, 2015

O XORNAL INDÚ "SCROLL" DESCOBRE GALIZA ÓS SEUS LEITORES ATRAVESO DA BILLARDA CON XOSE COLLAZO COMA REPRESENTANTE DA "GALICIAN BILLARDA ASSOCIATION"!!

















Unha espeluznante conexión internacionalista nos deixa contra as cordas , coa pel de galiña e cos ollos coma pratos . Dende o seu exilio peninsular , Paulo aborixe de Sabucedo e activista LNB ós mandos da referencial Montouto Sound Machine , ponnos sobre a pista dun impactante twitt do corresponsal en Nova Iorke de Antena3 , Jose Antonio Abad, que habitualmente o ves dende Manhattan lanzando as súas crónicas televisivas , sorprende a toda a comunidade twitter cun estalo no que anuncia que a India descobre Galiza por medio da Billarda .
















E faino linkando un espectacular artigo publicado hai só un par de semanas no xornal indio Scroll no que un se describe o brutal impacto que supuxo para o xornanista indio de visita en Compostela atoparse cun guerrilheiro do palán chamado Xose Collazo Regueiro.


















Fai tan só uns días Collazo estivo en Vián ( A Pastoriza ) desputando o gran Aberto da Bola de Liscos mais despois diste impactante documento na prensa indú , o activista da Laracha ten xa un pé na terra e outro na India e Pakistán....

















De leitura obrigatoria o artigo do Scroll amosa o tremendo impacto para o xornalista Indú que supuxo atopar nas rúas da Galiza un deporte irmán do popular Gilli Danda e un deportista coma Collazo que coa forza e disposión da "Galician Billarda Association" se atreven a desafíar incluso a supremacia colonial do futbol, basket, tenis ou padel...


Solidaridade Intenacionalista dende a Laracha a Bombai para que a alianza anti-colonial entre a Billarda e o Gilli Danda estoure en cada un dos golpexos da madeira contra a madeira na Galiza , a India e Pakistan...Gilli Danda Sempre, Adiante co Varal!!