O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 26, 2015

DE FIGUEIRIDO A VIÁN... ADIANTE A BILLARDA E A LIBERACIÓN ALIMENTAR!!
















Iste pasado sábado os activistas da Conf. RíasBaixas abríron en Vilaboa o gran saco dos tronos da liberacion alimentar cunha explosiva bandexa de trofeos , Xamóns , cacheiras , pancetas e chourizos invadiron o campo da feira de Figueirido...













disparando só co seu arrecendo todos os mais primarios instindos dos salvaxes palanadores e palanadoras da LNB, un brutal estímulo primario que iste sábado vai estouran tamén en cada varado no agardadísmo I Aberto da Bolo de Liscos en Vián na Pastoriza. Unha acción coordinada pola referencial franquicia local dos Cruzad@s que con iste gran barreno billardeiro cintinúan abrindo fenda na gran canteira chairega...billarda sempre , adiante a liberacion alimentar!!