O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 02, 2015

BILLARDEIROS E CADAVAL ARRASAN EN CADANSEU ABERTO EN SAN MIGUEL E LUGO Á ESPERA DE VERSE AS CARAS NA PASTORIZA NO GRAN ABERTO DOS CRUZAD@S!!


















Un lusco e fusco de Amor e Libertade no que unha vez máis os comboios de Lume de Xeo da LNB e os de Nao se cruzaron baixo o teito do pazo de congresos e feiras de Lugo . Amos , o batería dos Nao  guiado por Rodrigo e Isma , decidíu dar un novo paso ó fronte e quentou as bonecas co palán e a billarda para a renglón seguido subir é esceario azoutar a caixa , o bombo e os platiños...



















E co esceario tamén coma telón de fondo activistas mariñans da LNB achegáronse raudos e veloces á chamada da comisión e do seleccionador nacional a San Miguel de Reinante para a desputa da nova edicion do selecto Aberto das Festas do San Rosendo do que o gran palanador des Billardeiros Musicais Coedo saíu vencedor absoluto-  














E ó día seguinte, domingo ,  a refencial conferencia Noroeste tiraba cara Choris ( Carballo ) para a celebracion dunha nova enganchada puntuábel :
Campión:Luís Camiña.
Campiona feminina:Geni.
Campiona infantil:Rediet.
Segundo absoluto e campión de "Varados":Xosé Collazo.


















E voltando a Lugo nas Quinibillarda previas ó Aberto prevíase por mor da non asistencia de nengun membro de Billardeiros Musicais , que os palanadores de Cadaval arrasan con todo e con todos pese ás grandes estrelas LNB que había entre os case medio cento de participantes no Aberto da Candelaria . Pois os pronósticos fixéronse realidade :1. Kiko 2. Luis 3.Guti 4. Carlinhos Xenderal .Billarda Sempre , na Candeloria en cada unha  das festas e festiviais!!