O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, março 21, 2015

BILLARDA SEMPRE , ADIANTE COA MARRA E CO PALÁN!!

















Despois do brutal tsunami billardeiro que azoutou a gravilla batida do aparcadoiro do Cruceiro no pasado Billarda All Stars_2015 , volta á máis raibosa actualidade iste poema visual realizado polo referencial activista da Conf. Sur Xoan Pinto nas instalacions do Auschwich cultural de Compostela donde a LNB durante a anti-asemblea do All Stars apostou firmemente por continuar coa teima de realizar alí a explosiva edicion do Play Off Nacional_2015 , seria a presenza da LNB un maxistral xeito de intervencion contra-cultural  para denunciar o xenocidio deportivo e vital no mais lamentábel dos mausoleos que o Fraguismo
nos deixou por herdanza...




















E mentras que preparamos as billardas , paláns e marras para afrontar o  vindeiro Play Off Nacional , sexa na Cidade da Tortura , no mítico campo de terra de Conxo...ou donde Mario e o seu equipo de alebrestrados sherpas nos guíen,ampo  iste domingo no Campo da Feira de Paiosaco ( Laracha ) tes unha nova cita apartires das 11 h, da maña´coa vértixe billardeira nun novo Aberto puntuábel na poderosa Conferencial Noroeste....Billarda Sempre , Adiante coa Marra e co palán!!