AVANTE AS CACHUCHAS , AS CACHIZAS DE PIAS E A BILLARDA EXTREMA DE COTOBADE!!
Foi iste pasado xoves na mítica Taberna de Lola un estrafalario grupo ( como os denominou o gran palanador dos Remourlle Bulls Muriego) se reuniu e conxurou en torno á espectacular cachucha que o gran activista billardeiro de Tapia conqueriu con uñas e dentes no pasado Abertinho do San Rosendo celebrado en San Miguel de Reinante. Unha conxura no presente para conquistar outra cachucha no futuro inmediato do vindeiro Billarda All Stars a celebrar no Pino terra mae dos Furabolos e Troulerios que están preparados para á luz das estrelas do concurso de mates e habilidades espertar do seu letargo dista tempada.
ddd As cachuchas non parán e tampouco o fai a competicion regular iste find. de semana pese a que moitos ollos da LNB , e da conferencial RíasBaixas particular , están postos no terreo de xogo de AbuDabi donde a selección galega de futbol gaélico está a competir maxistralmente no mundial da disciplina. A cita puntuiábel será iste sábado en Cotobade....non te cortes e prepárate para unha experiencia extrema!!
E mentras varios activistas da Conf. Sur iste sábado acudirán a apoiar os indíxenas da Cachiza nun espectacular Torneo na Alameda de Pías , espectacular e informacion e anílise no facebook oficial do Sur sobre ista civilizacion Cachiza orixinarial e orixinaria de Pias >> Claro! tamén existe a billarda (cachiza, pincha, liriu, estornela, lipe, pateiro...) fora da LNB. De feito en Pías, concello do Rosal, hai xa nove anos, cando a LNB comezaba a andar, xa competían neste nobre deporte.
Por iso convidamos a tódolos palanadores a achegarse ata o Rosal para entrar en contacto con estes aborixes do Baixo minho e desfrutar dunha tarde de sol e billarda dun xeito distinto.
Avante LNB, Avante PÍAS!
Avante LNB, Avante PÍAS!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home