O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 10, 2015

BILLARDA ALL STARS 2015 >> CACHUCHAS , RABOS E UÑAS A PROL DA SUPERVIVENCIA E AUTOSUFICIENCIA DA ECONOMÍA E CULTURA GALEGA DE SEU!!














Un dos intres históricos para a familia Gasol foi o chimpo en Nova Iorque dos dous irmáns para arrincar o partido do All Stars NBA 2015 , unha foto que de seguro quedará á altura do betún cando iste sábado no mítico campo fronte ó restaurante o Cruceiro do Pino estouren os foguetes , as potas e as tixolas no inicio dunha nova edición do Billarda All Stars que reunirá fronte ó mesmo Varal ás grandes estrelas do universo LNB para derrochar espectáculo e emocion a presadas...




















Unha bandexa de rabos para o campión do concurso de Tripas-habilidades , unha bandexa de uñas de porco para o campión de mates e unha espectacular Cachucha para o vencedor ou vencedora do gran Aberto das Estrelas . Non pode haber maior gloria para un palanador ou palanadora da LNB que levar para a casa e compartir iste poderosos e intrasferíbeis trofeios que simbolizan a supervivencia e a autosuficiencia do cultura e economía galega de seu...Billarda Sempre , Adiante co All Stras Indíxena!!