O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, março 15, 2015

A CONF. CENTRO RACHA O SELENCIO COA MAXISTRAL XESTIÓN DUN ESPECTACULAR BILLARDA ALL STARS 2015!!



















A vertixe dunha tempada e dunha filosofía de acción escorrega nunha máxica visión que se transmuta na metáfora perfecta do que a LNB e o chan que pisa é...son moitos os putos concellos diste puto país nos que a disposición dunha pista de xogo conleva mutiples problemas , o firme da pista que coa practica da billarda pode rachar o "parqué"  ou que a utilizacion das instalacions municiapis leva ten un custe polo que a LNB tería que pagar ...niste All Stars 2015 a LNB utilizou de novo un firme cunha contundencia brutal , compartido con autónomos camioneiros que utilizan a pista coma aparcadoiro e lugar de intermediacion loxistica...



















Unha pista e un firme a do Cruceiro do Pino maxistralmente tratado polo transito dos camións dos irmáns autónomos que coma a LNB son alpurrados e aldraxados pola administracion galega...


















Arrincou a mañá cos bafos e raiolas do sol dos golpexos no concurso de Habilidades que sofocou por igual a tod@s os activistas LNB que iste sábado 14 de Marzal se daban cita nas podeorosas terras da Conf. Centro para ouvear de novo alto e claro ó carón da estrada que un outro destorto nacional era imposíbel!!




















A hora do vermut e despois das habilidades demostradas co paán e co vaso para misturar o martini escuro e branco , na pista de xogo , antes do xantar , desputouse cun ollo posto no varal e outro no prato o xa mítico concurso de Varados


















No areal dos nosos pratos poldro e un sorriso no espello dos nosos paláns durante o gran xantar de irmandade , unha espectacular mesa All Stars...



















cruzou o país de beira a beira e da porta ó fondo do restaurante O Cruceiro ,  o mantel e a louza sobre a que relinchaba e couceaba o cabalo maxitralmente cociñado polo chef do Cruceiro era o marco perfecto para que os barrenos estourasen entre os nosos dentes...



















Ninguén coñece as nubes da paixón mais os indicadores despois das máxicas brebaxes do espectacular xnatar de irmandade LNB  indicaron a nosa poderosa Abu Dabhi particular...





















Isa na que durante o partido das estrelas os activistas LNB prenderon e comeron e corda da chama que conduce á bomba da paixón que cada un de nós leva aderida ó noso peito...




















Bombas e Foghetes que estouraron a alumearon de xeito natural o lusco e fusco da Conferencia Centro unha vez rematado o Aberto das estrelas coa desputa do mítico concurso de mates diste gran Billarda All Stars 2015



















Os auténticos vencedores , Furalodos , Trouleiros e toda a xente da Conf. Centro que grazas á súa xestion foi posíbel a celebracion diste xa histórico Billarda All Stars 2015 ,  co que demostraron unha vez máis toda a súa valía e implicación total co gran proxecto de transformacion deportivo e social que é a LNB.  E dispois dunha máxica xornada de loita e festa no podium do All Stars saíu un rego de orgulloso leite e centeo  : VARADOS : Janma,lua de Forza. / TRIPLAS : Salva,corredoiras. / Mates : Luis Camiña,gharaboto / Cachucha do Aberto All Stars 2015  : Xan,Lua de Forza . _  Rabos , orellas , cahuchas e uñas ...unha conxura brutal a do All Stars que acende o lume cara á gran confurnada pangalica nos furanchos de Xil  no vindeiro Xerro do Salnés 2015!!