O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 13, 2015

A CONF. CENTRO ACOLLE O BILLARDA ALL STARS 2015!!



















Unha vez mais as estrelas abandoan o firmamento e por un só día pousan os pes na terra , unha terra firme e alebrestrada semenada polo firme golpexo dos Furabolos e Trouleiros , dúas referenciais equipas da ista tempada durminte Conf. Centro , que cos fachos , lostregos e foguetes do Billarda All Stars 2015 voltarán  incendiar as súas billardas coa mecha acesa dos seus paláns. A cita iste sábado dinate do Hostal O Cruceiro do Pino dende as 12 h, concurso de varados-habilidades , concurso de mates , xantar cabalar de irmandade e posteriormente a iso das 16:30 partido das estrelas... a pola Cachucha do All Stars 2015!!