O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, fevereiro 27, 2015

RACHA AS CADEAS>> ABERTO DA CANDELORIA , DO LACÓN E DA CACHUCHA NAS FESTAS DO SAN ROSENTO E ABERTO DE CHORIS EN CARBALLO!!
















Posibelmente un dos mellores cartaces da história é iste auténtico xortregazo artístico creado por un dos activistas máis perigosos dos Penaverde , un palanador infurerido utilizando unha guitarra electrica coma palán para golpexar a billarda no ar ilustra o tsunami Billardeiro que iste sábado 28 F apartires das 18:30 H . vai sacudir o pazo de feiras e congresos de lugo no previo ó explosivo festival da Candeloria-2015


















E entre perfomance entroideira Pujolaika  e de Boi e Vaca , o gran seleccionador nacional Flores , tivo tempo para artellar xunto coa comisión a xa segunda edicion do Aberto das Festas do San Miguel de Reinante. A loita polo cacón , cachucha e resttra de chourizos iste sábado apartires das 16 h. e prégase puntualidade porque Flores ás 20 h, ten que estar en Trabada cunha nova perfomance con Pujol e a súa dona de protadonistas...



















E despois da espectacular acción na praria de Laxe , as billardas da NorOste continúan na súa procura de novos horizontes arrincando os chantos e invadindo as leiras do universo Bergantinhos. A cita será iste domingo ás 11 h na pista de Choris ( Carballo )...Billarda Sempre!!