O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, setembro 23, 2014

@SUEVIAGZ #AVANTECOVARAL #AVANTEFERVEDOIRO...FÓRA TOURADAS E FUTBOL BRITÁNICO DA GALIZA , AVANTE A BILLARDA E O FUTBOL GAÉLICO!!















Iste sábado celebrouse no xá mítico espazo de Guimarei acondicionado pol@s referenciais activistas do Fervedoiro unha nova edicion do incendiario Aberto de Cuntis. Arderon as redes anti-sociais antes e despois de que Miguel Gontad o palanador aborixe de Cuntis se fixese co títlo de campión absoluto da cuarta edición da enganchada no Alabarellos. Unha enganchada que estivo marcada pola cunxuncion brutal de forzas entre yihadistas da LNB dirixidos polo Muhamad Collazo procedente do califato LNB de Laracha e polos muiadíns gaélicos do Suevia directamente chegados de Compostela. Gaélico e Billarda unha alianza selada co ferro quente do Fervedoiro que sen dúbida  vai seguir arrincando os achantos e invadindo as leiras!!
















Unha leiras as das Rías Baixas que xa poucas quedan sen estercar polos activistas dista referencial conferencia que paralelamente a Cuntis asediou a praza de touros de Pontevedra cun multitudinario Aberto na Praza de Campolongo da cidade deparmental . IMpresionate a fenda  inmortalizada polos foto-activistas da LNB que ten que facer reflexionar ao alcaide Lores que a ilegalizacion das touradas na cidade ten que ser unha realidade e que a praza ten que pasar a converterse no primeiro Billardódromo da Galiza coma a LNB históricamente ben reivindicando...Fóra Touradas e Futbol Británico da Galiza, avante Billarda e Futbol Gaélico!!

4 Comments:

Postar um comentário

<< Home