O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 19, 2014

QUERES FUTBOL BRITÁNICO?? NON GRAZAS ...ISTE SÁBADO BILLARDA E GAÉLICO EN CUNTIS E ABERTO PUNTUÁBEL EN CAMPOLONGO ( PONTEVEDRA )!!


















Iste sábado unha vez máis a área recreativa do Albariños ,  o referencial campo base acondicionado sen nengun tipo de axuda institucional polos activistas do fervedoiro armados con fouciños, gadañas e azadóns , voltará e resplandecer coa nova edicon do explosivo Aberto de Billarda de Cuntis , unha accion que atrona nos ollos co espectacular cartaz anunciador e co incendiario video promocional do evento no que ó carón das billardas da LNB bruarán tamén os balóns gaélicos dos irmáns de Suevia FG de Compostela- A cita apartires das 12 h -











Iste pasado xoves no concello de Pontevedra apresentouse a nova edicion da Liga Nacional de Billarda , unha competicion indíxena e totalmente autoxestionada que está a piques de acadar a década de brutal actividade , alí estiveron membros de varias conferencias custodiando e protexendo dos posíbeis ataques do concelleiros taurinos da cidade departamental ó actual Coroceiro Nacional que exerceu de mestre de cerimonia niste apresentación que unha vez máis rachou moldes . E para que non pare a festa ista sábado na denominada Praza da constitucion de Campolongo en Pontevedra se celebrará apartires das 16:30 h. a segunda enganchada regular na Conf. RíasBaixas....