O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 29, 2014

NENGÚN POLÍTICO NEN INSTITUCIÓN OFICIAL PUIDO LIXAR A XORNADA INAUGURAL NA CONF. SUR , NORLESTE E ANDALUZA!!


















Un día espectacular en toda a República Billarda abrazou ós centos de indomábeis palanadores e palanadoras da LNB NorLeste , Sur e Conferencia Anadaluza no seu brutal arrinque de tempada regular...
















Un cheo absoluto no campo da estacada en Bueu para recibir a paus unha vez máis o inicio da competicion regular na conf. sur que volta a extremecer e facer saltar as alarmas nos corpos de represión do estado.


















E para iste arrinque de tampada a Conf. Mae realizou un troco de timón no seu batuxo indíxena e das bravas augas do cantábrico de Burela como aconteceu nas ultimas edicións se trocou ó espectacular marco do campo de xogo de Ponte de Outeiro que recibíu á serpe multicor cun implacábel sol de xustiza revolucionaria.


















En Ponte de Outeiro debutaron en competicon oficial as dúas novas e poderosas franquicias que ista tempada se unen á mellor competicon de billarda da europa, por unha banda activistas de PenaVerde debutaron na LNB e xa deixaron mostra da súa gran pegada que de seguro van amplificar na segunda enganchada regular que eles mesmos coordianaran iste vindeiro 11 de outubro no agardadísmo Aberto puntuábel da Cadeira [ Trabada ]


















E ó carón da nova equipa mariña apresentouse tamén oficialmente a nova e franquicia chairega , dende Pol chegaron @s activista de Polka unha equipa que demostrou na pista e fóra dela unha frescura e forza que de seguro vai marcar tendencia no presente e futuro da accíón billardeira.



Markitos chegaba a Outeiro para probarse mais voltou para a súa nova casa estreando tamén primeiro trofeo de campión absoluto da tempada no Norleste , se ben isto en absoluto se pode considerar unha sorpresa que os campión por equipas foran O Cadaval si que se poden considerar unha anomalía sobre todo para os todopoderosos Billardeiros Musicais que pese ás súas novas incorporacións non puiderón superar á experiencia e acerto dos Cadaveiros




Unha xornada inaugural na que emerxeron novas ilusions e novos referentes nacionais coma o explosivo Larrivey da Billarda que iste sábado cegou con cada un dos seus golpexos en Bueu ó seu alterego de Balaidos.

















E nada mellor que unha explosiva foliada-billardeira coma a realizada na Ponte de Outeiro para por a guinda a unha histórica xornada que abríu o semáforo para o arrinque na Conf. Sur,  Norleste..


















E por suporto tamén no máxico espazo do ToxoVerde de Cadiz no que iste domingo tamén arrincou cunha espectacular xornada inaugular a referencial Conf. Andaluza... Billarda Sempre , #faitedaLNB!!

5 Comments:

Postar um comentário

<< Home