O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, setembro 09, 2014

MENÚ DO DÍA :DE PRIMEIRO BILLARDA E TOLEIRÍA EN MARÍN E DE SEGUNDO VIÑO DO PAÍS NO FERVEDOIRO DE CUNTIS NA CANFURNADA LNB SEN FIN!!
















Espectacular estalo do grande Dávila en homenaxe á referencial e indomábel parella de aborixes de Marín , unha explosiva adiactoria a xeito de sinatura imposíebl na capa nun dos exemplares do Bicheiro para Chali e Camiña que converte iste libro en único, intransferíbel e billardeiro que dentro dun tempo de seguro disparará as súa cotizacion nos poderosos mercados mouros da Arte Indíxena da LNB
















Tolos están Cheli e Camiña e tolos estamos os que dun xeito ou outro estamos xunguidos a iste imparábel revolucion que imparábel se espalla coma o lume na herba seca polo país adiante. Un lume e unha tolemia que os irmáns da Asociacion O Fervedoiro van atizar iste vindeiro 20 de setembro no gran teatro dos soños de Albariños en Guimarei . Cuntis é billardeira e xa arrinca a súa  brutal conta atrás co inminente lanzamento do seu xa mítico e sempre sorprendente Cartaz do Aberto que aprentarán en exclusiva mundial no seu incendiario facebook oficial...Fervedoiro , Tolemia e Billarda Sempre!!