ISTE SÁBADO ....OS DE SEMPRE COMERÁN MARISCO E @S DA LNB SEGUIREMOS COMENDO TERRA E BEBENDO POESÍA!!
Unhas das máis clásicas festas gastronómicas que históricamente reunen a máis chourizos do estado español atraidos polo inconfundíbel arona do mellor peixe e viño galego é sen dúbida a festa do marisco que iste sábado o vai petar en O Grove e por extension en todas as Rías Baixas. O turismo colonial ten nista cita un dos seus epicentros claves , por unha banda uns rematan o seu impune facheirío estival e outros aproveitan ista gran festa para iniciar o seu saqueo ás terrase rías galegas.
Sexa como for iste mesmo sábado a iso do mediodía polas 12 h , no hemisferio sur galego e moi preto do arrecendo das nécoras e ameixas do Grove , unha vez máis a LNB artella o seu xa mítico Aberto no espectacular marco do Festival da Poesía do Condado . Unha alianza cn iste festival que xa ben de moi lonxe e que cos lóstregos poéticos de activistas coma Xabier Cordal dende o esceario de seguro que van facer chimpar unha vez máis as indomábeis pinchas da Conf. Sur polas marxes podres da legalidade aínda vixente...
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home