O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 04, 2014

EN PORTONOVO CARA A LÚA COA CAMISA E BILLARDA NOVA!!



















Ä moda orixinaria dos desertos cada vez máis cercanos do hemisferio Sul de afiar os coitelos nos pescozos dos americanos únese tamén a teima de ir un paso máis aló na imparábel yihad billardeira coa que  esnaquizar para sempre a longa noite de pedra na que ate a irrupcion da LNB o noso desporto nacional estaba mergullado...



















Foi a pasada find. no transito do sábado ao domingo cando os activistas da Conf. Rías Baixas trocaron os pescozos polas billardas para desafiar a madruda e en plena noite ó carón dos bagalumes realizar unha espectacular sesión de Cachiza nocturna no Parque do Espiñeiro coa que despedir o mes de agosto en Portonovo e acender así unha chama no grande tunel da desolación coa premisa da billarda coma a única espranza posíbel..De noite e de día , viño branco viño tinto ...a billarda desporto distinto!!