O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 26, 2014

BOTABAS ALGO EN FALTA?? O MONSTRUO DE SEIS CABEZAS VOLTA ÁS CORREDOIRAS, BALADOS E ESTRADAS!!



UNHA DUCHA FRIA CON XABÓN DO LAGARTO E UN ALOUMIÑO DUNHA PINCHA ARDENTE , ISA É RECEITA COA QUE A LNB SOBREVIVE INMUNE Ó EXTERMINIO  ..SEMPRE TESA , SEMPRE DENTRO!!!


















Será pois iste sábado un día nos que terra oulee unha vez maís ante o implacábel fungar das billarda no ar xa que tres das conferencias da LNB botan a andar unha edicion máis , que coma nos entrerros será a novena , unha competición salvaxe na que non hai nada escrito e que coma en enteriores edicion todo pode pasar. Pola Banda Norte a Conferencia Mae bota a andar e faino nun sitio espectacular como é a Ponte de Outeiro nun Aberto coordinado pola referencial franquicia dos Carabullo que promete emocions e festa a feixes e que amosa ás claras o poder que a tribo da chaira xa ten nista referencial conferencia NorLeste.




















Cun video-estalo e cun espectacular cartaz co que a indomábel Conf. Sur ilustra a seu arrinque de tempada en Bueu , sobran palabras para invitar e suxerir que se iste sábado  non te deixas caer polo campo da Estacada é mellor que non volvas beber dise máxico licor do negro café nunca máis..






















E no único sitio no que o noso ouro negro se destila en forma de manzanilla , ó dicer no mítico Toxo Verde de Cádiz , iste domingo á hora do vermú arrinca tamén a accion na referencial e efervescente Conferecia Anadalucía , un luxazo inmenso para toda a LNB poder ter de compañeiros de viaxes a istes tol@s do palán que dende a Bahía nos amosan cada estalo no Toxo Verde o camiño cara a victoria...Billarda Sempre , Avante LNB!!