O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 13, 2014

TRAZO E VILAGARCÍA RACHAN O GUIÓN E ACOLLEN OS BILLARDA MASTER CLASS DA LNB NA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!!

















No marco da semena das letras galegas un par de centros e ensino do país deron o paso ó fronte para esnaquizar a aldraxe e inxuria institucional que condea á billarda ó ostrascismo mediático , son o Centro de Ensino de Trazo o venres 16 de maio donde a billarda vai estar presente coordianada por activistas LNB dirixidos polo referencial Sub-Comandante Collazo , dende as 9:30 ate as 14 h. os nenos e nenas terán a gran sorte de descubrir o universo billardeiro que as aulas e os libros lles negan cunha maxistral Master Class + Abertinho que pode que lles troque a vida . Un troco de rumbo vital que de seguro van experimentar os alumnos do Ceip Viñagrande de Vilagarcía de Arousa xa que o xoves 15 de Maio coordiando por un comando da Conf. RíasBaixas vaise desenrolar unha gran accion LNB con Master Class e posterior Abertinho entre os alumnos e alumnas que de seguro lles abrirá os ollos cara un universo descoñecido e ancestral que o sistema educativo actual galego lles nega o acceso. Beizóns pois ós mestres e mestras valentes que rachan as cadeas para que os seus alumnos se adentren no sempre perigoso e excitante territorio billarda...Billarda Sempre, Adiante coas Master Class da LNB!!