O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 06, 2014

PALÁNS E COELLOS ...ESFOLANDO O PRESENTE PARA CONQUISTAR O FUTURO!!



















O coello , ise animal tantas veces alpurrado en moitas culturas que pola contra na galega supón un dos referentes básicos da nosa fauna alimenticia . Cando un médico lle receita ó doente indíxena inxeirir cousa lixeira inmediatamente os nosos parámetros mentais nos conducen ós montes do país donde habita a lebre e o espectacular coello autóctono. E nada mena mellor ca inxerir algo lixeiro ou pesado antes de celebrar o ultimo Aberto Puntuábel polo que na Taberna de Lola iste sábado se celebrará un xantar de irmandade , os activistas Carnelao-LNB poden ir reservando xa o seu prato-

















En Remourelle de novo iste espectacular animal terá a súa merecida homenaxe que nengunha institución se atreve a realizar , coordinado polos poderosos Remourelle Bulls iste sábado na brava parroquia ribadense o coello terá a súa merecidísima homenaxe da tribo LNB da NorLeste, un estalo simultáneo ó Aberto que na conf.  RíasBaixas no Campo da Boca no concello de Meis se celebrará en solidaridade co neno Nanuq . Unha xornada a diste sábado que se presenta cunha intensidade brutal e para a que ademáis do coello autóctono galego en Remourelle os Bulls xa anuncian iste espectacular abano de tofeos coa escultura para o campión e os espectaculares petiscos de bonito para o segund@ e terceir@ clasificado ademáis dun explosivo premio sorpresa para a aquipa campioa do Aberto.