O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, maio 21, 2014

OVOS , PALÁNS E PATACAS POLA SOBERANÍA ALIMENTAR E DESPORTIVA NA NOVA EDICION DO CONCURSO DE TORTILLAS DO PLAY OFF NACIONAL #CONXO2014!!














Cos ollos na listaxe de clasificad@s para loitar pola  Coroza da LNB e polos espectaculares trofeos de cada categoría e coas mans nos paláns regulamentarios e no rabo das tixolas ó lume para iste domingo 25 de Maio loitar no terreo de terra batida do campo de futbol de Conxo polos diferentes títulos nacionais en xogo e polo gran trofeo Carnelao que como manda a anti-tradicion billardeira premiará á mellor tortilla do xantar de irmandade a pé de pista.


















Un xuri formado por palanadores e palanadoras das diferentes conferencias percorrerá as mesas catando petiscos de cada unha das exquisitas creacions para de entre todas elexir polo sabor , presentacion e orixinalidade á mellor e máis anti-española das tortillas do Play Off Nacional #Conxo2014...Ovos , Paláns e Billardas pola independecia e soberanía alimentar sempre!!

6 Comments:

Postar um comentário

<< Home