CONTRA A TROIKA DEPORTIVA ..TOD@S SOMOS WELLINTON, TOD@S SOMOS O CICLISTA LNB!!
Iste sábado intenso no que a Conf. Norleste selou en Remourelle os seus pasaportes para o Play Off Nacional 2014 e todos os palans da Conf. RíasBaiaxas se uniron en Meis en solidaridade con Nanuq , abre o horzinte e as nosas gorxar para berrar forte e alto contra un maldito novo domingo de futbol e repeticións do Luar , coma maxistralmente proclaman os activistas da Conf. Sur no seu estado do Facebook " "Ao partido que vaian Oubiña e Bermejo; a xente seria ten unha cita hoxe en Castrelos!" Contra a Troika Deportiva e mediata que asedia á Billarda... Nunha man o palán e na outra a Copa Wellinton!!
E por se non foran poucos os frontes Abertos en Remourelle deputando o Aberto do Coello estivo ulitmando o seu adestramento específico Ruben Sanchez o mítico Ciclista LNB volta con fame ás estradas do país para afrontar ista vindeira find. o Campinato Galego de Ciclismo 2014 . En Remourelle Rubén e o coello da LNB cruzaron as súas olladas e os seus camiños e atencion porque se o destino dun deles está claro o do outro poderás seguilo segundo a segundo dende Ovaral-Facebook nisa proba na que toda a seper multicor da LNB estará de novo canda el empurrando a súa bicicleta...Billarda Sempre , Adiante Ciclista LNB!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home