ARRINCA A CAMPAÑA ELEITORAL DAS EUROPEAS...POBO QUE ESPERAS? ADIANTE CO VARAL!!
Arrincou a campaña electoral para catapultar un feixe de eurodeputad@s a Bruxelas , alí se pasa de puta nai, mellor incluso que nas poltronas dos concellos , nos abravadeiros das deputacions , baixo a sombra dos eucaliptos do parlamentiño de Compostela ou na barra libre do congreso de madrid....ser eurodeputad@ é sen dúbida o màximo!!. Mentras o pobo podrecemos comendo pedras e terra eles na súa ponte aerea defenderán a túa condicion de escravo viaxando en bsiness-class asistindo a reunións e ceas bañadas en champangue e fariña...
O futuro é un limparabrisas e o pasado é un retrovisor mais o noso presente máis raiboso pasa inevitabelmente pola invasion sublime da nosa illa da coelleira particular , Remourelle é o lugar e iste sábado é o serán de autos donde definitivamente se definirán os nomes d@s representantes da Conf. NorLeste para a desputa do Play Off Nacional_2014.
E simultaneamente a Remourelle en Meis se desputará unha nova enganchada regular da Conf. RíasBaixas que ademáis terá unha gran causa solidaria como transfondo polo que animamos clamorosamente a inscribirse no gran Aberto de Nanuq para que coa billarda como transfondo axudar a unha familia que precisa do noso apoio , cariño e solidaridade.
E o domingo sen importar sequera que o Celta depute o seu insípido partido de liga , a LNB ceiba as pinchas no parque se Castrelos en homenaxe a inse novo gran ídolo de masas LNB no que dende fai uns días se converteu o negado xogador brasileiro celeste Wellinton. Moitos palanadores e palanadoras da LNB non serían o que hoxe son sen unha previa retirada de carnet por alcoholemia - Ontes foi Wellinton , mañá podes ser ti...Billarda e Licor Kafé Sempre, Adiante Copa Wellinton!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home