SE O VELLO SINBAD XOGASE Á BILLARDA...
Espectacular toma panorámika tomada polo ollo de rapiña do gran Nachok , o fótógrafo oficial da LNB que artellou todo o deseño gráfico do Repùblica Billarda estivo en Mondoñedo iste sábado captando a esencia visual diste mítica Aberto na Conferencia Mae.
E antres de comezar a loita na vila de Cunqueiro os Billardeiros Musicais entregaron a Carabullo a empanada de Meira que erroneamente foi levada no anterior Aberto pola franquicia Ribadense coma campioa de equipos.
Non foi o único acto anti-social que protagonizou a franquicia de Muimenta antes do inicio do Aberto , cartaz en man os Carabullo apresentaron o explosivo certamen de curtas que vai inundar a igrexa civil da vila filloeira de creatividade audiovisual independente.
Unha xornada que como informa a reporteira-ákrata veu marcada polo presenza dunha anti-siareira que consultou e incluso chamou ó concello se a LNB tiña permiso oficial para desenrolar un desporte ten perigoso coma a billarda. Anécdota. Guai ter pedido o permiso, non sei se che comentaron que ó comezar a xogar, unha rapaza achegouse a preguntarlles se tiñan autorización para xogar alí, porque era perigoso para os nenos e nenas,... Chamou por teléfono a alguén do Concello para informarse.
Non lle daría importancia, o seu pai tivo un accidente grave nun ollo xogando á billarda de novo. Parece se que non se puxo borde, só preguntou,..
E simultáneo ó exercito da Norleste desterraban tamén a machada de guerra en Salceda os activista da Conferencia Sur coordianados polo espírito do Merdeiro representado polos referenciais treze-catorce.
Mais de medio cento de participantes nun aberto mitico que se alongou da pista de xogo á festa Hortera posterior coa que a tribo pincha recibíu coma as formigas reciben o vinagre o incendiario entroido billardeiro
E segundo informan no facebook oficla do Sur a pódiun do Aberto de Salceda foi o seguinte:
1º Xan (LÚA)
2º Albino (LÚA)
3º Fariña (COR)
Infantil: Adriana (VAL)
Mulleres: Adriana (VAL)
Equipas: Lúa de Forza
Tanto en Salceda coma en Mondoñedo o terceiro tempo incadíu o espítiro de moitos dos participantes nos Aberto , foran gañadores ou non as cervexas e a intensiadebillardeira transladouse ós bares de Mondoñedo que historicamente están irmandados coa LNB . Martinho dos Bulls terceiro, Diego de Carabullo segundo e Coedo dos Billardeiros Musicais foi o pódium que os carabullo compretaron co título de franquicias polo que a celebracion no Porriño coa tarta de Diego acompañando os grolos de cervexa e co Botelo de campións por equipas nas alforxas co que coma en Ucrania con Yanukovich rematan xa por dous abertos consecutivos coa dictadura dos Billardeiros Musicias _
Fixo moi bo día. Os sectores máis intrépidos achegaronse ó Porriño onde un dos gañadores compartiu a súa tarta en plan merendola antes da chegada das tapas e disfrutaron das exposicións do local e do bo roio existente
Ti ó monte e eu ó mar , cantaban aerolínea federales e cando un se sitúa en Mondoñedo a dicotomía foi Carabullo ó Porriño e Tropa Lixeira e activstas de Ex-Tension Billarda ó Valeco donde iste ano non estaba o referente Bukaneiro da LNB Txomin detrás da barra mais diante estaba o papae de kevin José tomando unhas cañas antes de tirar para a casa ...
E quen quixo chegar á casa sen as mans valeiras foi Daniel de Billardeiros Musicais que ó non poder acadar unha das espectaculares tartas de Mondoñedo feitas polo Koreano apurou a fin de semana para iste domingo 23 f . asaltar a pista de Culleredo no aberto de manán da Conf. Noroeste e poder afrontar así unhas merecidas vacacións nos territorios da Conferencia Andalucía...Billarda Sempre, #faitedaLNB!!
1 Comments:
At 5:04 PM, Anônimo said…
supreme outlet
off white outlet
air jordan travis scott
Travis Scott Air Jordan
off-white
goyard bags
yeezy boost 350
fear of god essentials
curry 9
supreme clothing
Postar um comentário
<< Home