O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, fevereiro 17, 2014

AGARRA O TEU PALÁN E LÁNZATE Ó ABISMO BILLARDEIRO DO ENTROIDO EN SALCEDA E DOS TARTAZOS DE RESISTENCIA EN MONDOÑEDO!!

















O Loitador , o impactante e desgarrador filme protagonizado por Mickey Rourke sobre a descarrilada vida dun heroe do cuadrilátero vido a menos despois de 20 anos de chimpos e labazadas acende a chama sobre a necesidade imperiosa despois de centos de micro e medio-metraxes billardeiros de que un director e unha productora sexa galega ou de donde carallo sexa poña o seu filtro sobre o universo LNB para describir coa crudeza dunha operacion a corazón aberto o que significa para un activista a resistencia e afirmacion vital  dentro e fóra da pista de xogo ser "O Palanador".


















E non pode haber mellor exemplo de resistencia e ímpetu que o protagonizado ista fin de semana o sábado na Confarencia Centro que protexidos baixo as tellas do pavillón de Castrofeito realizaron un novo e multitudianrio Aberto Cicloxénico puntuábel do universo estornela no que a Raquel a gran palanadora dos Trouleiro se fixo co triunfo absoluto espallándo con ista gran vistoria aínda máis o poder das palanadoras que en cada Aberto e golpexo se reivindican  coa mesma forza e precisión das patinadoras olímpicas de velocidade sobre o xeo de Sochi.


















E por se non quedara claro na Centro @s activistas da Conf. RíasBaixas tamén isa mesma tarde de sábado se deron cita no pavillón de Ribadumia para celebrar unha nova enganchada puntuábel no que os palanadores sabedores do empurre das Pussy Riots Billardeiras nada máis arincou o torneo puxeron as barbas a remollo polo que puidera acontecer...

















Cos caixeiros ardendo en Vigo , coa corrupción arramplando ás súas anchas e con impunidade absoluta nos governos das cidades e vilas galegas e no goberno foral de Nafarroa  ... a LNB non pode quedar de mans cruzadas e co palán nunha man e coa tarta de Mondoñedo na outra a xustiza billardeira afina punteiría para iste vindeiro sábado no espectacular marco da Alameda mindoniense e no Campo de futbol de Salceda de Caselas por a careta e correr o entroido escorrentando ás pantasmas do presente e do pasado....Entroido , Billarda e Tartazos de Resistencia Sempre!!