PONTE LOUCO...BILLARDA SEMPRE!!
Nen que quentura e saudade dos goloexos do case un cento de palanadores e palanadoras noveis que ista xa mítica tarde do 28 de decembro se deron cita en Castro Caldelas empurrados polo Apalpador , a LNB Canóns do Sil e a organizacion do Ponte Louco poideron evitar o brutal trebon de neve que durante o Aberto alumeou o Aberto .
Espectacular accion de Semente Billardeira con dúcias de xogadores moi xoves botados á pista competindo en igualdade e sen complexo co resto dos activistas billardeiros,
O pavillón de castro Caldelas foi a opcion elexida pola LNB - Canóns do Sil para ó finar desenrolar o Aberto polas condicions metereolóxicas extremas que ise día se daban moi preto da estacion de Manzaneda
Os palanadores non se despoxaron dos gabáns en ningun intre e agardavan ansiosos o seu turno coma mesma paixón que agardaban polo Tazolo de Cocolate espeso que despois do Aberto na festa-obradoiro ína recibir.
Puido ser a friaxe ou as gañas do chocolate o que desetabilizou ós xogadores senior que pese a por toda a carne na grella non puideron co forza e o coraxe dos palanadores "junior"...
Polo que foi un dos representates dista gran larada de neo-palanadores o que se fixo co triunfo , Daniel de tan só 13 anos terá que esperar aínda unha presada de anos para saborear o exquisito sabor da victoria xa que ista vai en forma líquida nunha espectacular botella de Licor Café-Carnelao . A selección nacional de futbol da Galiza en Lugo perde 1-7 mais non importa porque Daniel viste a camiseta do Ponte Louco que o acredita coma campion do Aberto de Castro-Caldelas e quen sabe grazas a siareir@ galeg@s e á LNB cando poida beber a botella de licor café igual pode vestir a camiseta da Auténtica ou da seleccion galega de futbol en competicions oficiais...Ponte Louco , Billarda Sempre!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home