O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, dezembro 19, 2013

O 28 DE DECEMBRO VARADOS E CHOCOLATADA INDÍXENA EN CASTRO CALDELAS CARA ÓS CANÓNS DO SIL!!



Non podía haber melor intre para recuperar iste impactante micro-thriler psicolóxico de tan só 9 segundos obra o ExCritor Luis Pirucha e con el ilustrar a brutal accion billardeiro-festiva que se vai realizar iste vindeiro 28 de decembro en Castro Caldelas...






















Varados ó Caron do Sil que van amplificar a continuada teima da LNB de estender o conflicto billardeiro polo sur lugués e o Norte das terras de ouriense que , iste pasado verán foron varias as accións realizadas niste brutal entorno , un edificio indixena  baseado que vai de Taboada a Montederramo pasando por Chantada e o Saviñao que desemboca en Castro Caldelas.

















Será pois iste 28 de decembro en Castro Caldelas no marco dunha xornada de festa total baixo os parámetro dunha monumental Cocolatada na que os acitivistas LNB-Carnelao porán en marcha un espectacular Aberto de Billarda no Parque da Estrela da vila...porque non eres inocente, o 28 D colle o palán e Ponte Louco!!