O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, dezembro 14, 2013

MOS , CERDEDA E RIBADEO...CERCADOS POLA BILLARDA , O APALPADOR E OS BOLETOS DA LOTARÍA DA GALIZA!!
















Todo listo e disposto en Mos para isa agardadísima e senlleira homenaxe de toda a LNB á figura do fuxitivo galego Cancelinhas cuxa lenda xa está á altura doutro mito como pode ser o noso admirado Vaquilla. Será iste sábado ás 16 h. no pavillón do Ceip Pena de Francia (Tameiga )


















E ó día seguinte a xornada do domingo 15 de decembro arrincará apartires das 11 h . no Pavillón do Piñeiro en  Cerceda donde a Conferencial Cemtro desputará outra nova enganchada puntuábel que será un previo de luxo para que ás 15:30 h. Mandela , o Galo da Norleste, presida dende o palco de honra no campo de futbol da Faxarda de Ribadeo unha nova edicion diste mítico Aberto presidido polo Apalpador que ademáis de entregar os premios como é norma será o encargado de distribuír os boletos entre todos aqueles que desafíen a sorte adquirindo os números da Lotaría da Galiza 











Unha Lotaría da Galiza posta en marcha por tres colectivos galegos totalmente autoxestionados ( Carnelao-LNB-IndixenismoGZ ) que istes días destapou o figura do producto estela da Cesta do Apalpador , O Bacorinho Celta é dende xa o simbolo da resistencia do pobo galego ó sometimento colonial e consumista niste tempo de Nadal - No teu bar, na túa tenda , no teu centro social , nos campos de futbol gaélico e nas pistas da LNB ..esixe o teu boleto de Lotaría da Galiza e que a sorte e a forza do Bacorinho te acompañen!!

7 Comments:

Postar um comentário

<< Home