O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, dezembro 16, 2013

LUIS PIRUCHA ACARIÑA UN HISTÓRICO HAT TRICK NUNHA MESMA FIN DE SEMANA EN TRES CONFERENCIAS DISTINTAS!!

















A homenaxe do palanador de TropaLixeira Xose ós Monty Phyton con ista espectacular foto ó carón de Mondoñedo , dá pé para sen dúbida engrandecer a figura do gran activista da Ekipa Bítere de Ribadeo que xeitonou a presenza de "Mandela" espectacular exemplar de Galo autóctono e un backstage incríbel a pé de pista na que as cervexas e os kalimochos se ergueron en homaxe ó cantante dos Reincidentes detido pola policía americana no aeroporto de Miami.
















A xeira da fin de semana arrincaba en Mos coma desputa dun novo aberto puntuábel da Conferencial Sur e continuaba o domingo pola mañá no pavillón do Piñeiro de cerceda donde a Conf. Noroeste realizaba unha nova enganchada regular nas poderosas terras da Cochikeira.


















A Conf.Mae desafiaba os deuses de chuvia e da xeada e elexía o espectacular marco do campo de futbol de Faxarda donde meses antes se desputara o xa mítico Año Mouro da LNB


















Sobre o campo de futbol ribadense activistas de Siareir@s galeg@s reivindicaron a alternativa africana coma equipa a rival da seleccion galega de futbol e a alternativa indíxena sobre o esceario no concerto fin de festa, ambas opcións desfgraciadamente desestimadas para o partido diste vindeiro 28 de decembro en Lugo.


















E a parte de Mandela , un outro nome estourou nos muros das tres conferencias da LNB donde ista find. se abriu a beda , foi o de Luis Pirucha o ExCritor e cineasta dos Gharabotos con sede no Salnés botou os  pés fóra non o fixo para ir de ferias senón para tentar realizar un histórico Hat Trick en tres conferencias distintas que acariñou e de non ser polo patinazo na Cochikeira .

Foi pois o Apalpador quen entregou na escuridade zulú da Faxarda o espectacular Galo autóctono a Luis Pirucha co que selaba a súa victoria no Aberto de Ribadeo e co que puña a guinda á súa gran victoria no Aberto homenaxe ó Cancelinhas no Aberto de Mos. Mandela , Cancelinhas e Billarda Sempre!!

6 Comments:

Postar um comentário

<< Home