O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 24, 2013

ISTE NADAL CONSTRÚE A ALTERNATIVA ... XOGA Á BILLARDA E Á LOTARIA DA GALIZA!!













O pasado 22 de decembro constatouse outro novo aldraxe é Galiza e xa van uns cuantos , a lotaria de nadal artellada pola mafia estatal española , mais unha vez pasou de longo expoliando unha recadación multimillonaria e deixando tan só unhas migallas no Rosal pontevedrés. Brindes en vasos de plastico cheos de champange estranxeiro e miseria colectiva a medio prazo é o único que sementa isa tremenda peste portada polos nenos de San Ildefonso , é por elo que a LNB, ó carón dos colectivos Carnelao ( soberanía alimentar galega ) e IndixenismoGZ puxeron en marcha a alternativa anti-colonial chamada "Lotaría da Galiza"  A pola cesta do Apalpador ...unha iniciativa que xa invade imparábel cada recuncho do país  xa está batendose cóvado con cóvado cos ate o de agora todo poderosos boletos da "Lotería" . E para mostra do exitazo a espectacular imaxe das estanterías dun bar calquera galego no que a Lotaría da Galiza xa brúa a prol dunha sorte alternativa galega!!

















Unha sorte que un día antes do sorteo de "navidad" lixar os nosos corazóns situou a toda a tribo da Conf. Rías no pavillón de Beluso para a desputa dunha nova enganchada puntuábel coa Cachiza por bandeira a LNB asaltou Bueu rematando con Ricar no máis alto do pódium seguido de Alvaro e Benito . E un día despois o sempre maldito 22 de decembro no Toxo Verde de Cádiz o tribo da Conf. Andaluza tamén se reuniron para realizar un gran Aberto de Nadal no que saíu campión Edson Castro despois dunha final de infarto contra Toñin...constrúe a alternativa , xoga á billarda e á Lotaría da Galiza!!