O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, dezembro 10, 2013

EU XOGO Á BILLARDA, TABERNEIRO .... PONME UNHA PEPSICOLA!!



Que os responsábeis de marcas coma Galicola ou calquera outra bebida ou consumíbel masivo con sustrato nacional galego ollen iste espectacular video de Pepsi capturado e redimensionado polos irmáns de Pandolo . Os slovenos levan xa un tempo realizando dentro e fóra da pista  unha brutal laboura de deconstruccion billardeira internacionalista alonxados dos obsoletos parámetros que identifican un deporte de esencia tradicional coma o noso e abrazan as mesmas teses de conexion e difusion rupturistas que utiliza de sempre a LNB. Niste caso trátase dun espectacular video estalo co que Pepsi trata de influír no mercado indú e faino utilizando a billarda ( alí coñecida coma Gilli-Danda ) para desenrolar unha brutal micro-história que sitúa ó noso desporto coma o xogo máis popular entre as crianças e cuxa práctica orixinou o Criket , o deporte sen dúbida xunto co rugby máis importante e influinte nos paises da orbita common wheel ... Taberneiro,  unha PepsiCola!!