O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, dezembro 12, 2013

CANCELINHAS E MANDELA SEMPRE!!...A LNB HOMENAXEA ISTES DOUS REFERENTES INTERNACIONAIS NA LOITA CONTRA O APARTHEID SUDAFRICANO E GALEGO!!


















Espectacular nova creacion do gran palanador e artista multidisciplinar Muriego que con ista viñeta animalista verquida nas páxinas dixitais do Bruar, non só alerta e exorta a toda a súa franquia dos Bulls , senón a toda a tribo do Norleste da importancia suprema que ten a victoria no xá mítico Aberto do Galo que iste domingo se vai desputar no campo da Faxarda en Ribadeo. Como perfectamente Muriego ilustra , Mandela ( o galo da Norleste ) xa está cacarexando á luz da lúa nun galiñeiro moi preto da pista agardando que un dos palanadores ou palanadoras se adiante ó raposo que dende fai uns días xa osma o animal na gaiola.E atención porque Muriego traballa no seu estudo radioactivo de Tapia nun boceto exclusivo para ilustrar o agardadísmo Almanake-LNB 2014 que non pode faltar na túa parede.

















E se o galiñeiro anda revolto polo asedio dos raposos no Norleste o Sur non se queda nen atrás e traza unha supernecesia homenaxe ó fuxitivo e galeguista Cancelinhas que mantivo en xaque a todo o aparato do estado represor español e portugués simplemente por realizar un secostro express dun médico luso no aparcadoiro dun supermercado para alertar sobre o lamentábel estado de precariedade da sanidade pública nunha e outra beira do Minho....Canceliñas e Mandela Sempre, Adiante co Varal!!