O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 11, 2013

"BILLARDA-BIERZO" , COORDINADO POLA FORZA E OS LICORES DO TÍO MIGUI...NACE NO FACEBOOK O PORTAL CATALIZADOR DA BILLARDA NO BIERZO!!
















Espectaculares imaxes chegadas dende o centro cívico das Dehesas de Ponferrada donde iste pasado sábado se realizou un gran Torneo que orixinou entre outras cousas o alumeamento do portal de facebook BillardaBierzo coordinado da man do Tío Migui está chamado a ser o catalizador absoluto do noso deporte nas terras do Bierzo.
















Alí se pode ver o espectacular pódium do Aberto das Dehesas que coroou coma gañador a un vello coñecido da expedición galega ó xa mítico torneo de Villadepalos organizado por ise gran pioneiro da billarda no Bierzo chamado Copi.



Cunha impactante marcaxe de pista que suxire un xeito ou modalidade especifica que o Tío Migui en breve nos esplicará, a billarda no Bierzo estoura e reivindícase a si mesma cunha xa considerábel nómina de palanadores e palanadoras que van dándolle forma a ista brutal e indomáble plataforma de expresion socio-cultural e deportiva.
















E coma pasa cos gatos para os xogadores de billarda a noite é sen dúbida o mellor aliado , polo que despois de desenrolarse o Aberto da tarde e tomar unha cervexas para celebralo,  os máis valentes procederon á realizacion dun After-Billarda xa metidos totalemente nas trebas da noite Ponferradina.
















Un After-Billarda que se desenrolou na noite pecha e coas billardas na escuridade procurando o varal so guiadas polo arrecendo máxico do touciño na brasa...
















Grandísima accion dos irmáns de BillardaBierzo na Dehesa co que sentan as bases dun poderoso proxecto que con todo o noso apoio sen dúbida vai facer rexurxir de novo nisas terras o deporte da billarda porque a cousa como xa veñen demostrando non é flor dun día senón que a revilucion billarda no Bierzo é IMPARÁBEL , cando a LNB chegou a Vila de Paus o fixo para sementar de billardas e espranza o campo municipal da Vila e grazas a Copi e á xente que estivo naquel Aberto isto torna nunha brutal realidade tanxíbel ...Todos Somos Tío Migui, Adiante BillardaBierzo!!