A AUTÉNTICA CON FLORES Á FRONTE E GRAZAS A UN DEMOLEDOR SPRING FINAL RECUPERA A PRESTIXIOSA COPA CANTÁBRICA DE LIRIU-BILLARDA!!
O intercambio de banderís é so para os cobardes , a Auténtica e a Selección Nacional del Liriu coma entidades ambas valentes , atrevidas e que ollan fronte a fronte ó rival e ó horizonte intercambiarion fluidos para contaminarse mutumante do andacio que alimenta a Copa Cantábrica para o que non existe cura algunha , o Licor Café correu a regos polas veas asturianas e sidra polas gorxas e corpos aterrecidos dos deportistas galegos liberad@s.
E ó igual ca o seu compañeiro de equipa, Andrea , a gran palanadora de Carabullo e activista audiovisual que tan só unha horas antes do gran dasafío internacionalista estaba ó caron de Xabarin no Culturgal de Pontevedra espazo no que a billarda tamén tivo un espazo propio coa localizacion do espectacular Stand-LNB no que segundo a segundo se seguíu a loita da Auténtica polo sétima orelleira.
Fumegaban os palán e as machorras e pese a comezar os corpos da Auténtica a aclimatarse o desexa Atentica-Style non chegaba e o noso Iceberg continuaba á deriba nas augas do pavillón de Piedras Blancas. O que era a arma segreda de Asturies escondida nas botellas verdes tornouse na menciña perfecta que a Auténtica necesitaba para enderezar o rumbo cara a terra fertel das profundiades do Castru.
Espectacular e emotiva cerimonia de entrega de Copa Cantábrica , Hevia , o Comandante do Liriu e home clave para que iste soño internacionalista siga adiante , representando a Asturies depositou nas mans do noso seleccionador nacional Flores a Copa que durante un ano estivo no Bar Timo de Avilés e que xa descansa na Taberna de Lola de Remourlle ate dentro dun ano cando as machorras e os paláns volten entrar en loita.
E se na pista de xogo os xogadores e xogadoras galegos e asturianos estiveron fronte a fronte aferrados á disciplina de xogo dictada por cadanseus seleccionador@s , á hora do xantar todas as tensions se relaxaron para defrutar ó redor dunha espectacular fabada no Restarante Pelayo xestionada e localizada polo gran referente da revolucion Liriu chamado Hevia.
Non faltaron as fluidas conversas e mostras de cariño e aprezo entre os seleccionadores nacionais de ambos paises , Flores pola Auténtica e Pepa pola Nacional do Liriu demostraron que outros técnicos e eutras tácticas tamén son posíbeis!!
Rivalidade mortal fronte ó Castru mais irmandade absoluta fronte ó vaso que conten o Licor Café , así se mostraron as dúas grandes estrelas de Asturies e Galiza...e así en comunion absoluta co medio se pechou un xantar que naide poderá esquencer xamais.
E naturalemente isas Fabas e demáis compango había que dixerilas e nada mellor que voltar á pista de xogo para desputar o xa mítico Abiertu del Llacón Internacialista co que se pechaba xa ben caida a tardiña iste novo paso ó fronte do Conceyu Nacional del Liriu e da LNB conxuntamente.
E como a Auténtica lle colleu o gusto á modalidade do Castru , por aclamación se desputou tamén o Abiertu niste xeito do CNL que desembocou nunha espectacular final a 5 na que Sergio por Asturies e Xerman pola Galiza transformaron a pista de xogo nun taboleiro de xadrez xigante no que as partidas de Karpov e Kasparov polo título mundial semellaban un xogo de nenos. Ó final foi o palanador da Ekipa Bítere quen executou o xaque mate no Castru de Piedras Blancas que lle valeu para facerse do Lacón Internacionalista e mutarse ó cruzar a Ponte dos Santos nise temido e abobinábel ser de alma Carnelao chamado LacónBoi...Liriu e Billarda Sempre, Adiante Copa Cantábrica 2014!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home