O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, dezembro 27, 2013

28D CHOCOLATADA-BILLARDEIRA EN CASTRO CALDELAS E ESCUMOSO GADANHEIRO NO ABERTO DE SIAREIR@S EN LUGO!!


































Naide é inocente e menos os que diariamente andamos armados cun palán e unha billarda no peto polo que poida pasar ó xirar nunha beirarúa , un perigo inmimente que osmamos ás léguas e máis nun día tan sinalado comao o 28 D donde as troulas pesadas alentan na caluga da cada un. É por elo que a LNB abraza o Tazolo de Castro Caldelas para iste sábado berrar ben alto - as cousas claras e o chocolate espeso :  ás 16 h no Parque da estrela desputarase o Aberto de Billarda previo á gran festa da Chocolatada que porá as bases da futura e tan desexada Conferencia Canóns do Sil - Contacto directo: 627.780891



















Un 28 de decembro tamén elexido polos irmáns de Siareiras Galegas para a celebracion de xeito totalmente autoxestionado do partido da seleccions galega de futbol que iste sábado ás 20 h. se depustará no estadio do Polvorín en Lugo fronte á selecicon de occitania , un pouco antes a iso das16 h. dará comezo o xa mítico Aberto de Billarda no que o campión ou campiorá recibirá coma premio a espectacular botella de Escumoso Gadanheiro , realizado polos indíxenas de Ex-Tension Agraria , a maldicion diste grupo de punk-rock que o pasado sábado non puido actuar en Lugo e tampouco levar o Escumoso Gadanheiro coma premio para o Abertinho previo non quere deixar á comunidade billardeira das murallas orfa baixo ningun concepto polo que o premio do Aberto de Siareir@s será unha espectacular botella de reserva de "Escumoso Bilhardeiro" que despois de beber a grolos o seu contido o campión ou campioa debería arrebolar a botella cara a fiestra de calquera institucion a poder ser a deputacion de lugo.



















Mais non será chocolate espeso ou relado e Escumoso Gadanheiro as únicas bravaxes máxicas que os palanadores e palanadoras inxiran iste combativo 28 de Decembro , senón que os irmáns de Carnelao xa teñen preparado tamén unha nova colecccion das súas espectculare botellas de Licor Café para entregar ós primeiros clasificados no Aberto de Castro Caldelas donde o chocolate e o licor café van tinguir de mouro intenso unha noite de cuxo facho de lume acenderán os irmáns de Maskarpone...deixa a billarda de faime un de chocolate!!