SE VAS POLO ATLANTICO ATRANCA O BATUXO NO STAND DA LNB NO CULTURGAL E SE VAS POLO CANTÁBRICO ÚNETA Á AUTÉNTICA NO DESAFÍO INTERNACIONALISTA EN ASTURIES!!
Unha nova marca de camisolas con sotaque galego está a deixarse ver pola rede , NikisGalicia é o seu nome comercial e polo que xa se lles coñece popularmente, nun amplo abano de deseños-brincadeira referidos ás xentes e cultura do país atopamos iste titulado Baeta Galicia Style , no que podemos ver a un xogador de beisbol sobre unha batea golpexando algo que sobrevoa o horizonte. Lementabelmente os responsábeis distes Nikis coma o resto das empresas do sector seguen sen decatarse do potencial comercial da Billarda e de todo o seu entramado socio-cultural e prefien ollar cara outro lado...
Mais ista find. igual temos sorte e algún dos reponsábeis de NikisGalicia se pasan polo espectacular Stand da LNB no Culturgal de Pontevedra, alí atará toa a informacion sobre a LNB , o noso deporte e a nosa competicion para que todo o que que o desexa se informe e se conciencia de primeira man da magnitude da tsunami billardeiro que asola Galiza e o mundo enteiro ... xa que se está incluso tentando conseguir unha pantlla xigante para instalar no stand dende a que seguir e apoiar á Auténtica no seu desafío en Piedras Blancas contra Asturies na mítica engancha internacionalista da Copa Cantábrica 2013
Todo listo pois , incluida a sidra e licor café ambos refrixerios indispensábeis para entender a mgnitude dista competición histórica , as botellas a enfriar no Eo metras os Asturianos comezan a quentar o ambiente convencidos que coma o ano pasado de Xixón a Auténtica voltará "escocida" e sen a Orelleira Cantábrica para a casa...- A Auténtica vestida coma sempre coa súa mítica camiseta , alonxada das brincadeiras de Nikis , Caramuxadas e Zentoladas , un ano máis asume o desafío brutal da autoxestion a da alinaza internacionalista.... Liriu e Billarda Sempre, Adiante Copa Cantábrica 2013!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home