O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, novembro 12, 2013

NA PROCURA DUN POLÍTICO PARA A ENTREGA DOS CHOURIZOS DA LNB NO GRAN ABERTO DE FLORES!!



















Espectaculares trofeos os que iste pasado sábado en Teis a Conf. Sur outorgou ós primir@s clasificados , unha filosofía a da autoxestión e da imaxinacion que está presente en todas as pistas da LNB e que vai brilar especialmente no próximo Aberto de Flores na NorLeste donde o Xamón de San Miguel vai ser o impresionante trofeo-Carnelao ó que o campión ou campioa se leve para a casa para meterlle o dente mais tamén a LNB está intensificando os contactos cos estamentos oficiais para tentar que un político do concello de barreiros , da deputacion de lugo ou de calquer outro estamento oficial entregue as restras de chourizos ós primeiros clasificados diste xa mítico trofeo da conferencial mae.














Un Aberto o de Flores que a gran franquia dos Billardeiros Musicais elexiron ademáis para estrear a súa nova e espectacular equipacion de inverno patrocinada polo Café Bar NEVADA de Ribadeo que con iste xesto apuntala aínda máis o seu apoio e cobixo ós indomábeis palanadores e palanadoras da LNB.
















Haberá de seguro , xunto con outras sorpresas no campo de futbol de San Miguel donde se desenrolará o gran Aberto de Flores unha foto de famila dirixida polo mesmísimo seleccionador nacional ó igual que se sacou o pasado sábado ó finalizar o Aberto da Sur en Teis donde misteriosamente non saíu a imaxe dise novo gran ídolo billardeiro chamado Canceliñas...Billarda e Fuxitivos Sempre!! 

1 Comments:

  • At 3:47 PM, Anonymous Anônimo said…

    muita equipación e todo que você querades, mas non vos esqueçais de que hay que cumprir algumas regras que são muito faciliñas, tão simples coma respeitar as medidas, não olvides que jogamos com Billardas em palans, não com paos de beisbol nem com mondadentes, e as medidas são iguliñas para todos tanto mulheres coma homens, como as crianças. Muita sorte e que ganhe o melhor

     

Postar um comentário

<< Home