O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 18, 2013

GÓSTANOS QUE CHE GUSTE ...A BILLARDA , O GALEGO , A TXIRIKILA , O LÍRIU, O PANDOLO , O BÉLIT, O GILLI DANDA....

















Á LNB gústalle a xuventude alegre e combativa coma o gran palanador de Gharabotos Cristian quen foi quen de puxar con toda a forza twitter para que a billarda apareza nos carteis disa gran campaña nacional de apoio e promocion da lingua. Unha forza que se transmite a toda serpe multicor da LNB que ergue a ollada e xa alvisca no horizonte varios dos  grandes retos do futuro inmediato , por unha banda a nova edicion do Aberto de Pasaia ( EH ) de Txirikila-Billarda diste sábado coordiando polos irmáns do Fato Castelao , e unha semana mais tarde o sábado 30 de novembro en Piedras Blancas ( Asturies ) a celebracion dunha nova edicion da Copa Cantábrica na que a Auténtica tentará recuperar o trofeo e a dignidade perdida fai un ano na Praza da Llaboral de Xixón .



E para coller forzas , ponte cómodo, abre unha Menduiña e transládate á festa malandrómika  do novo video-estalo resume da  sexta xornada da Conf. RíasBaixas , unha conferencia que está a ultimar a coordinacion para a instalacion dun stand LNB no Cultural 2013  na find do 29-30 D e 1 de Novembro en Pontevedra ...colle o palán e #faitedaLNB!!