CONTRA A PROHIBICIÓN DO TRÁFICO DE GUÍAS....BILLARDA E CANIBALISMO EN LOUSEIRO ( SARRIA ) !!
A emisión de berros e grolos compartidos atroou o mercado gandeiro de Chantada nista edición do Castañazo Rock donde o único que se prohibía era o paso ou tráfico de guías entre os porcos dise espazo cara calquer outro recinto feiral , mais como é norma a LNB unha vez máis desafía o imperio da lei emitindo unha guía polo cal todos os porcos e porcas que así o desexen poderán particiar iste sábado en Sarria no espectacular Aberto do San Martiño Caníbal de Louseiro apartires da 18 h. Contacto > 687.055065
Porcos foi tamén un dos temas que o grupo de Punk Rock Indíxena arrebolou canda ós Bocadillos de Cartón reivindicativos , Ismael de Outeiro , o gran palanador dos Carabullo de Muimenta encapuchado foi quen de perpetar ista impactante accion dende o esceario que deixou a contra as cordas ó público do Castañazo mentras soaba o gran hit " pagaralo coa salú"
Un collage de berros brutal que resumen o grao de compromiso total dista banda indíxena formada por activistas da LNB con iste terra , iste tempo e ista sociedade do malestar..
Restos dun lume sobre o chan do mercado gandeiro que estourou no esceario e que xunto ás proclamas contra os xenocidas económicos tamén pedían a oficialidade do noso desporto nacional ó carón do apoio ós irmáns comuneiros que loitan contra o aldraxe no Porto Cabral.. A billarda coa Terra e co Monte Sempre!!
1 Comments:
At 12:14 PM, Tonho Randeeira said…
http://moreabaleira.blogspot.com.es/2013/11/sermos-galiza-outra-voz-de-galicia.html
Postar um comentário
<< Home