O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, novembro 16, 2013

CEO DE CARNEIROS...CHUVIA A CALDEIROS!!




















Iste domingo no pavillón de Cabanas en Salcedo espectacular Aberto de Billarda coordiando pola referencial franquicia dos Gharabotos que apostan firmemente pola integración billardeira total e radical de tódolos sexos , razas . idades e condicion física e psíquica ...A Billarda é para Tod@s e o feixado de pinchos e tapas que haberá ó final do torneo tamén!!

















Un día antes , iste sábado 16 en San Miguel de Reinante na Conferencia Norleste , a tribo toda da Norleste se reunirá de novo entorno a ise gran referente vital e billardeiro chamado Manolo Flores. A primeira opcion era realizar o xa mítico Aberto no campo de futbol mais as durísimas condicions metereolóxicas fan que de novo se recurra ó pavillón de San Miguel donde tantas máxicas tardes de billarda se levan realizado ...A cita será apartires das 15:30 h. e por mor do tempo tampouco se poderá realizar a ten desexada Ceiba de Pombas do Tandem Condadés mais si que se poderán adquirir boletos da Cesta da Apalpador co que Lotaría da Galiza vai alumear a nosa sorte nista Natal radioactivo e é moi posíbel tamén que os Ex-tension Agraria apresenten a súa espectacular gama de gadañas para os directos realizada polo palanador da Ekipa Bítera Michael Matos.

















E simultaneo ó bruar de billardas no pavillón do San Miguel no campo de festas de Castelo a Conferencia RíasBaixas dará unha vez a callada por resposta....























Chanta os ollos e desfruta co espectacular programa da Festa dos Callos de Castrelo no que está mergullado iste de seguro multitudinario Aberto no que de seguro os palanadores e palanadoras deixarán as tripas na pista para posteriormente inxerilos no prato .. callos , billarda e indixenismo Sempre!!