O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 29, 2013

AUTÉNTICA_2013...A POLA SÉTIMA!!






















Todo listo e disposto para que os Lirius e Billardas comecen a bruar iste sábado 30 apartires das 11:30 h. na Praza de Europa de Piedras Blancas no novo gran reto internacionalista que unha vez máis o Conceyu Nacional del Liriu e a Liga Nacional de Billarda afrontan de xeito totalmente autoxestionado . Unha presada de Autentic@s serán os que desafiando todo o establecido crucen a ponte dos Santos para porse ás ordes de Flores e deixar o pelexo na pista de xogo para encastrar o orgullo galaiko conseguindo a victoria nista Sétima edición da Copa Cantábrica de Liriu-Billarda...Auténtica2013 a Pola Sétima!!













E se iste fin de semana decides pasar polo Culturgal tampouco alí poderás desconectar do universo billardeiro xa que alí está o espectacular Stand da LNB emitindo informacion para tratar de captar activistas entre @s culturs, e atencion poque ademáis da panatalla xigante para seguir á Auténtica , o sábado no lusco e fusco sobrevoa sobre o stand a amiaza dunha burtal sesion de Pincha (Discos).... Imperdíbel se estás por Pontevedra!!






















E que mellor ca antes de pasar polo stand do Culturgal quentar o corpo nun novo e de seguro excitante Aberto puntuábel na Conf. Sur que dende as 15:30 h se vai celebrar no Pavillón Maria Soliño de Cangas coordiando pola referencial franquicia dos Corredoiras . Ista find. combate a friaxe e represión sociodeportiva co palán e billarda no ar...#SeguimosSendo!!