17 H. Ó CARÓN DOS PENDELLOS DA FEIRA VELLA DE CHANTADA....ABERTO DE BILLARDA DO CASTAÑAZO-ROCK 2013!!
Iste sábado tes unha nova cita coa história en Chantada , ás 21 h. da noite diste sábado 2 de Novembro as luces do mercado gandeiro brilarán nas follas das gadañas dos Gadanheiros da LNB que abrirán a brutal descarga de punk rock Indíxena dos Ex-Tension Agraria , unha miguiña antes , apartires das 17 h. , no campo de Terra da Feira Vella de Chantada ó carón dos "Pendellos" moi pretiño da Praza de Santa Ana ( epicentro dos cantos de Taberna ) celebrarase unha nova edición diste mítico aberto que estrea ubicación . Para calquera consulta de urxencia: 627262174 / Xavier. Parcelaria NOM, Billarda Sempre!!
Un R4 que sen dúbida sería o medio perfecto para a aventura indixenista de Chantada mais que foi o vehículo utilizado polos activistas da Conf. Rías Baixas para visualizar a accion billardeira simultanea ó Aberto que se vai celebrar na vila de Paulino. Será pois apartires das 15-30 h. na área recreativa do Barreiro en Meaño donde se desputará un novo Aberto puntuábel nas Rías Baixas .
2 Comments:
At 7:46 PM, Anônimo said…
Onte en Chantada tocoume no grupo 4. Sigo esperando que me chamen para xogar.
At 8:14 PM, Anônimo said…
hai 3 fulanos que debían deixar a billarda antes de que a deixe todo o mundo
Postar um comentário
<< Home