O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 01, 2013

TELE-VARAL ESTREA " O GRAN ESTALO " A PRIMEIRA COOPRODUCCION BILLARDEIRA GALAIKO-CABOVERDIÁ DA HISTÓRIA!!



Son centos os km que separan Burela e Cabo Verde mais unha carririña dun can para a LNB se de lanzar unha billarda dun continente a outro se trata. Refregade os ollo porque ante vos está a agardadísma fita " O Gran Estalo de Burela a Cabo Verde", o pasado sábado na festa de arrinque de tempada na Conf. Norleste as irmáns de Batuko Rebentola colapsaron a entrada da Sala Xebra para asistir ó seu estreo, non puido ser polo suceder dos acontecementos que conduciron á banda indíxena Ex-tension Agraria ó esceario mais agora a rede ferve co seu estreo mundial no soporte web de Tele-Varal. A ímpetu de toda a LNB fixo posíbel iste cooproduccion galego-caboverdiá na que a activista LNB Cris SD ,  a pontecesana foi a peza clave que conseguíu que a billarda lanzada por Uxía dende Burela fora recibida polos palanadores e palanadoras Cabo Verdiáns realizando así o primeiro Aberto que senta as bases para unha estreita colaboracion entre a Auténtica e os Tabaroes Azuis. Espectacular o estilo dos xogadores Cabo Verdiáns e sobre todo impactante o xeito como se lanzan os paláns uns a outros para realizar os lanzamentos e por suposto esixir que os árbitros na Galiza sigan tamén xogo descalzos ....Adiante coa Autoxestion internacionalista , Billarda e Grogue Sempre!!